Login Accedi ^
Italiano
Registrati
Registrati su Weekeep! Trova i tuoi amici di Facebook, organizza i tuoi viaggi e visita oltre 1.000.000 eventi in tutto il mondo!
Accedi con Facebook
Accedi con Google+
Facebook Google+
X
RISULTATI
MAPPA
DETTAGLIO
$mapTile_Titolo
$mapTile_Immagine
$mapTile_Indirizzo
$mapTile_LastMinute
$mapTile_Durata
Località
Dormire
Mangiare
Offerte Speciali
Eventi
Mostra tutte le 7 categorieMostra meno categorie
Mostra tutte le 11 LOCALITAMostra meno località
Mostra tutte le 23 sistemazioniMostra meno sistemazioni
PREZZO : da € a
OSPITI :
CAMERE :
STELLE : da a
Mostra tutte le 13 categorieMostra meno categorie
Mostra tutte le 13 categorieMostra meno categorie

LINDA GUILALA + MUSEL en concerto en Lugo

Medievo Praza do Campo, Lugo, Provincia di Lugo, Spagna
Google+

Venres 4 de abril
Medievo Club
00:00h
Entrada gratuíta



LINDA GUILALA (Vigo, Elefant Records)

Das cinzas de Juniper Moon naceron fai seis anos Linda Guilala. Despois daquel marabilloso disco debut, "Bucles infinitos", que regalounes tantas cancións enerxéticas cheas de sons cósmicos e guitarras ruidosas, Linda Guilala preséntannos unha nova referencia que non pode ser máis reconfortante. Un EP de catro cancións que se editará en vinilo de cor púrpura, cunha temática que xira arredor ao xénero fantástico, o terror e o paranormal en xera. Iván e Eva sempre foron bos amantes da serie B. Por "Paranormal EP" pasan ovnis, abominables homes das neves, zombis e todo tipo de criaturas extraordinarias, e a súa música mantense fiel ao seu estilo punk, o seu espírito pop e a súa querencia polo ruído e a distrosión.

Chegan a Lugo presentando o seu último disco "Xeristar", disco que acaba de publicar Elefant en formato 10" transparente. O disco contén seis enérxicos temas pop cun marcado toque moi "shoegaze" que aportan as guitarras do agora terceiro Linda Guilala Bruno Mosquera (The Blows).

https://play.spotify.com/album/3p9yYNwTBsIBV0EEwAVIj2
http://lindaguilala.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/lindaguilala




MUSEL (Lugo, Acuarela)

A idea de crear Musel xurdiu ao darse conta Óscar Vilariño da necesidade que tiña de escribir sinxelas cancións pop, algo que non fixera en ningunha das súas anteriores bandas. Foi o gusto por grupos como The Velvet Underground, Galaxie 500, Mus, Low, Codeine, Yo la Tengo, Dinosaur Jr,…, o que fixo que se decidira a comezar a compoñer. Falou con Pablo Saavedra (batería) e Olalla Caamaño (baixo/teclado), quenes aceptaron encantados, e comezaron os ensaios. Foron montando temas paseniñamente, e non foi ata a primavera do 2012 que fixeron o seu debut abrindo en Lugo para os seus amigos os valencianos Betunizer. Xa no 2013 participaron no recomplilatorio que a asociación Desconcierto Cultural editou con motivo da celebración do Record Store day Galiza, pouco despóis de que Pablo decidise abandoar o grupo, entrando no seu lugar Omar Feijóo (Pastillas Mamut, Aníbal Anisakis). A raíz desa gravación a discográfica madrileña Acuarela se fixou neles e propúxolles traballar xuntos. Ese ano tamén participaron nun proxecto dun caderno de actividades para nenos chamado Babaum, que incluía un disco con temas orixinais de varios grupos. Musel aportaron o tema "Malditas Fanecas", cuxa letra e voz foi aportada pola súa gran amiga a poetisa Lucía Aldao. Pouco despois Olalla entra en Disco las Palmeras! e decide abandonar Musel, entrando a substituíla Xabier Piñeiro (Mêu). No entroido deste ano gravaron, precisamente no estudo de Linda Guilala, catro temas que publicará Acuarela este ano.

http://musel.bandcamp.com/
https://www.facebook.com/musel.lugo/

Veniteci a trovare
il 4 aprile 2014

Che Tempo fa

Recensioni

Caricamento...
Caricamento...
In questa zona i nostri Partner offrono: